::A EMPRESA::

LEMA, nace no ano 1990 co obxectivo de cubrir unha lagoa existente na comarca da Mariña no mercado do mantemento integral e integrado de limpeza. É unha empresa galega adicada á realización dunha grande variedade de servizos de “Limpeza e desinfección” , ademais de “Control e prevención, de Pragas e de Lexionella”.

Na actualidade consta de 28 empregados fixos en plantilla tanto a xornada completa como a xornada por horas, ademais de 4-5 traballadores contratados ocasionalmente na época estival, distribuídos en centros de traballo por toda a Comarca da Mariña de Lugo, Occidente de Asturias, e ocasionalmente no resto das Provincias Galegas.

Conta cun grupo móbil de especialistas, que se encargan de executar os traballos máis técnicos en todo o territorio galego (tratamentos e pulidos de pavimentos, tratamentos DDD e lexionella....) . Os centros de traballo varían constantemente, tendo en conta a natureza dos traballos executados.

A empresa conta cunhas instalacións no Polígono Industrial de Lourenzá, nas que se garda un completo parque de máquinas de última tecnoloxía ( fregadoras secadoras, abrillantadoras, diamantadoras, pulidoras, hidrolimpiadoras, pulidora industrial de pavimentos, aspiradores industrias , plataforma elevadora, etc.)

LEMA, está asociada a ITEL (Instituto Técnico Español de Limpieza), o cal, proporciona asesoramento técnico, e información sobre os últimos adiantos en investigación, e desenvolvemento de novas técnicas de aplicación e novos productos.

Como logros acadados pódese destacar que ano tras ano obtense un elevado índice de fidelización dos clientes (roldando o 100%).

LEMA, posúe unha variada carteira de clientes tanto de ámbito público como privado, e tanto de servizos fixos como ocasionais, entre os que se atopan empresas de construcción, cristalerías, conserveiras, talleres, lonxas ...... ademais de concellos, colexios, comunidades e cooperativas, etc.

Entre as perspectivas de futuro figura estenderse a un mercado máis profesionalizado no ámbito da Comunidade Galega, baseándose na seriedade, profesionalidade e fiabilidade como ferramentas para conseguilo.